SSSS é unha marca galega de tatuaxes artístico-conceptuais baseada na experimentación tipográfica e inspirada no facer manual da técnica handpoke
O seu obxectivo é repensar as regras convencionais da tipografía e da linguaxe a nivel formal, compositivo e semántico, seguindo unha metodoloxía experimental na que se produce un achegamento entre o deseño gráfico e a creación artística-conceptual.​​​​​​​
​​​​​​​Desenvolveuse un estilo de tatuaxe propio, estreitamente ligado á realidade galega a nivel temático e apoiado por unha identidade corporativa de aspecto sinxelo e mecánico, inspirada nas características propias da técnica handpoke.
O proxecto inclúe un manual de identidade corporativa, tarxetas de visita, flashbook ou portfolio de tatuaxes, unha obra gráfica orixinal mecanografada e roupa de traballo. Nas aplicacións combínanse distintos materiais de aspecto natural e orgánico, así como impresións con técnicas dixitais e artesanais. Os perforados están realizados manualmente con agulla de tatuar 03RL.
SSSS é unha onomatopea polisémica que imita o son do seseo, un dos trazos dialectais máis característicos do galego. Así mesmo recorda ó son do vento e ó das serpes ó reptar.
SSSS
Published:

SSSS

SSSS foi o meu Traballo de Fin de Estudos nas EESS de Deseño Gráfico na EASD Antonio Faílde. Consistiu na elaboración dunha marca persoal propia Read More

Published: